Coma cada ano, confecciónase o Ranking de universidades en Software Libre para España e América Latina (RuSL) que revela o compromiso co software libre das universidades de países hispanofalantes.
Avalíanse 11 dimensións da universidade: Produción, Colaboración externa, Investigación, Axuda, Docencia, Cultura en software libre, Tecnolóxicos, Divulgación, Webmetría, Institución e Administración. Cada unha destas dimensións teñen unha serie de indicadores co seu propio peso.
O ranking valora 75 universidades españolas e 137 latinoamericanas. Dentro do ranking español, as universidades galegas ocupan postos punteiros na táboa.
- A Universidade da Coruña, en 5º lugar, ten unha implementación do software libre do 60’8% e ascende un posto no ranking.
- A Universidade de Santiago de Compostela sube dous postos no ranking e sitúase en 6º lugar cun 53,9%.
- En 7º lugar aparece a Universidade de Vigo, cun 51,12% de implantación de tecnoloxías de software libre.
O ranking valora ata 65 indicadores para medir o grao de cumprimento de cada universidade respecto ao obxectivo estratéxico de difusión de software libre. Un ranking que pon en valor o compromiso co software libre de todas as universidades galegas.
Fonte: Portal Programas
The post As universidades galegas, entre as máis comprometidas co software libre appeared first on Xente Dixital.