A Amtega pon en marcha o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 para acadar unha sociedade plenamente dixital, formada e capacitada no uso das tecnoloxías, capaz de explotar e aproveitar todo o potencial das TIC a nivel persoal, profesional e relacional.
Esta Plan de Inclusión Dixital toma a testemuña do primeiro plan, no que se conseguiu:
- Reducir dun 42% a un 25,4% a porcentaxe de galegos que non empregaban nunca internet.
- Incrementar do 48% ao 67% a porcentaxe de galegos que o emprega habitualmente.
O reto deste novo plan consiste en mellorar os actuais datos. Para iso, durante os vindeiros cinco anos investiranse 7 millóns de euros nos seguintes eixos:
Alfabetización dixital
Actuará para reducir a primeira fenda dixital, a do acceso ás TIC, fomentando o seu uso básico entre os colectivos que nunca o fixeron.
Algunhas das accións máis relevantes son o reforzo do programa formativo en alfabetización dixital “Faite Dixit@l”; a impartición de cursos, talleres e charlas, ou a realización de sesións demostradoras para achegar o uso de dispositivos móbiles aos maiores, entre outras.
Capacitación dixital
Impulsará a madurez dixital da cidadanía que emprega a tecnoloxía, ampliando a súa capacitación dixital para mellorar empregabilidade.
As actuacións previstas centraranse en executar un programa formativo de capacitación dixital avanzada sobre usos cotiáns das TIC (banca electrónica, compras on-line, trámites coa administración..) o desenvolvemento de accións formativas para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), e a súa adaptación ás persoas con discapacidade.
Tamén se contempla o deseño e implementación de itinerarios formativos centrados na busca de emprego, elaboración do currículo, etc.
Innovación social dixital e participativa
Promoverá a innovación social dixital, impulsando novas formas de facer, participar e relacionarse para resolver desafíos sociais empregando as TIC.
Para avanzar neste sentido, en primeiro lugar, fomentarase a adquisición das habilidades necesarias para participar activamente nos procesos de innovación social dixital.
Ademais, o Plan prevé a elaboración dun mapa de innovación social dixital de Galicia co fin de dar a coñecer as iniciativas de innovación social baseadas nas TIC que promoven a resolución de retos sociais na nosa comunidade e impulsar a creación dunha rede de mentores, asesores e expertos que actuarán coma guías no proceso de innovación social dixital, dinamizando actuacións e ofrecendo apoio e orientación a futuros emprendedores
Catro piares que debuxan un obxectivo ambicioso, e, ao mesmo tempo, ilusionante.
The post En marcha o Plan de Inclusión Dixital Galicia 2020 appeared first on Xente Dixital.