Telefónica e a Xunta veñen de anunciar a III edición de Galicia Open Future, o proxecto que ofrece a 50 proxectos empresariais innovadores a posibilidade de evolucionar a súa idea co obxectivo de impulsar a xeración de riqueza e o emprego en Galicia.
En que consiste o proxecto?
Galicia Open Future ten unha duración inicial de seis meses -prorrogables en períodos de 3 meses-, durante a cal os emprendedores reciben formación e adestramento especializado, adaptado ás súas diferentes fases de maduración (idea, semente, prototipo, piloto ou lanzamento) e relacionado co seu modelo de negocio.
A través do Programa de Incentivos da Xunta, la Axencia Galega de Innovación –GAIN- achega unha axuda de 2.000 euros a cada un dos proxectos seleccionados, e a través da plataforma web openfuture.org, poden entrar en contacto tamén con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación aberta Open Future de Telefónica- no que se integra Galicia Open Future-. O obxectivo desta plataforma é conectar a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas a nivel mundial.
Superada a primeira fase de formación, e unha vez evolucionados xa os proxectos, un xurado de expertos seleccionará aos tres mellores en función da súa achega aos sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado, o grao de maduración e a súa viabilidade, ademais da súa composición multidisciplinaria, a súa motivación e o uso de tecnoloxía diferencial. Recibirán unha achega, nese caso, de ata 25.000 euros da Axencia Galega de Innovación, que deberá destinarse ao desenvolvemento do propio proxecto. Poderán acceder tamén a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros
Quero participar!
Es emprendedor ou coñeces a alguén que encaixe no proxecto? Rápido! Apúntate antes do 15 de abril na web do proxecto!
Fonte: Amtega
The post En marcha a III edición de Galicia Open Future appeared first on Xente Dixital.