Quantcast
Channel: Casos de Éxito – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 48

[Entrevista] Aenea, ou como ser solidario desde o teu smartphone

$
0
0
descubre aenea

Achegámonos a Galicia Open Future para coñecer o proxecto Aenea, unha plataforma que nos permite ser solidarios dende o noso teléfono móbil, en calquera parte do mundo, e a partir de 20 céntimos. Alí recíbenos Jaime Domínguez Bálgoma, o emprendedor que está detrás desta iniciativa solidaria e tecnolóxica.

descubre aenea
A primeira pregunta, Jaime, é obrigada: Que é Aenea?

Aenea é unha plataforma que busca dar aos seus usuarios a posibilidade de cambiar o mundo nun clic, en calquera lugar e dende 20 céntimos.
É un espazo no que descubrir proxectos únicos que ONGs e outras entidades sociais están levando a cabo en distintas partes do mundo e poder poñer facilmente o noso gran de area nelas, tendo acceso a un continuo feedback dende o terreo para que poidamos vivir como nunca antes o que axudamos a conseguir.

De onde xorde a idea de Aenea?

Aenea nace cando chocamos coa realidade do panorama de colaboración actual: segue a apostarse pola subscrición mensual, por atarse a unha soa causa e a un alto custe. Ademais está a falta de información que, ás veces, planea sobre estes organismos.
Ante esta situación propuxémonos crear a nosa propia organización para poder lanzar os nosos proxectos; así nace Aenea. Tempo despois, démonos conta de que non tiñamos recursos para poñer en marcha as nosas iniciativas e decidimos montar Aenea_Org, unha plataforma de crowdfunding coa que queríamos encontrar eses recursos e ao mesmo tempo ofrecer aos nosos doantes unha canle para acercarlles o proxecto co que tiñan colaborado.
Cando nos decatamos de que o noso problema era común para outros colectivos nace a visión de Aenea como unha grande comunidade de persoas que queren construír un mundo mellor.

Coa web e coa App en marcha, que expectativas tedes?

O noso obxectivo a curto prazo é comezar a crear esa comunidade de beta-testers que faga posible os proxectos que xa están dispoñibles na plataforma – e os que están por vir – intentando aprender deles todo o posible de cara á versión 1.0. na que xa estamos traballando.
Nesta nova versión queremos ampliar a experiencia Aenea a nivel social, integrando perfís e contidos personalizados para que cada usuario sexa consciente do importante papel que xoga en Aenea e interactúe coa comunidade.

Poderías explicarnos como é o funcionamento da vosa APP?

A nosa AppBeta funciona coma un escaparate de proxectos por descubrir e unha plataforma de pagos áxil e segura. Queríamos que eses momentos nos que se quere facer algo polos demais non se deixasen pasar, xerando a ferramenta para poder canalizalos nun clic e dende calquera lugar.
Ademais, deseñamos a App de maneira que sexa moi fácil compartir os proxectos e iniciativas que che interesan, dándoche a capacidade de tomar un papel activo na difusión dos proxectos para garantir o seu éxito.

Cales foron os maiores obstáculos?

Nun primeiro momento, toda a parte técnica, porque non sabíamos nada de programación. Co tempo e moitas ganas, superamos ese obstáculo, pero sempre temos un desafío que bater: como facer viables as doazóns mínimas, como inspirar confianza aos primeiros creadores de proxectos, como dar a coñecer a plataforma e conseguir os primeiros usuarios… e todo iso sen recursos económicos! Sempre hai dificultades, pero temos a sorte de que nos encanta pelexarnos por resolvelas e de que pouco a pouco, conseguimos ilas salvando.

Que vos aportou o GOF?

Entrar en Telefónica OpenFuture_ foi un auténtico revulsivo que nos fixo ser conscientes de que o reto que tiñamos por diante era realmente factible. Motivámonos moitísimo, deixamos os nosos traballos fóra de España para adicarnos exclusivamente ao proxecto. Ademais, grazas á potencia de Telefónica no mundo do emprendemento tivemos acceso a contactos, eventos, programas de formación e á visibilidade e confianza que necesitabamos para arrincar o proxecto. Pero, sobre todo, tivemos a oportunidade de coñecer a xente marabillosa que nos axudou a seguir crendo no proxecto e dar o 100% de nós mesmos para logralo.

Falemos agora de obxectivos. Como vos vedes nun ano?

Os nosos obxectivos pasan por medrar rápido en usuarios e en proxectos. Acadar a masa crítica suficiente para facelos realidade e así poder dar a coñecer a nosa canle de feedback dende o terreo, é un factor clave.
Nun ano contamos con ter lanzado Aenea FairStore, unha tenda de produtos procedentes dos propios proxectos coa que queremos asegurar que o impacto dos mesmos sexa sostido no tempo.
Ademais Aenea funcionará como rede social, pero o máis importante é que xunto cos nosos usuarios, teremos cambiado a vida duns poucos e estaremos preparados para cambiarlle a vida a moitos máis.

Se queredes saber máis sobre Aenea, aquí tedes a súa web, e mesmo podedes descargar a súa app para móbil e probala. A fin de contas… ser solidario dende 20 céntimos é un luxo que nos podemos permitir, va que si?

The post [Entrevista] Aenea, ou como ser solidario desde o teu smartphone appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 48

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú