Quantcast
Channel: Casos de Éxito – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 48

Connecting for good Galicia, o motor do emprendemento na innovación social dixital galega

$
0
0
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a sinatura do convenio de colaboración con Vodafone España para a posta en marcha dun novo centro tecnolóxico no Gaiás, “Connecting for good Galicia”. Asistiron, tamén, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira. Na sala Eisenman da Cidade da Cultura. 
Foto: Xoán Crespo

A semana pasada selouse o convenio de colaboración entre Amtega e Vodafone España para a posta en marcha dun novo centro tecnolóxico no Gaiás, “Connecting for good Galicia”.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a sinatura do convenio de colaboración con Vodafone España para a posta en marcha dun novo centro tecnolóxico no Gaiás, “Connecting for good Galicia”. Asistiron, tamén, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira. Na sala Eisenman da Cidade da Cultura. Foto: Xoán Crespo

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a sinatura do convenio de colaboración con Vodafone España para a posta en marcha dun novo centro tecnolóxico no Gaiás, “Connecting for good Galicia”. Asistiron, tamén, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira. Na sala Eisenman da Cidade da Cultura.
Foto: Xoán Crespo

Obxectivo presente: “non deixar a ninguén atrás”

Coa sinatura deste convenio reafirmase o compromiso da Xunta co desenvolvemento tecnolóxico ao servizo da inclusión social, ao servizo dos maiores, que supoñen o 25% da poboación galega, e ao servizo das máis de 300.000 persoas con discapacidade que hai na comunidade.

“Connecting for good Galicia” promoverá produtos e servizos deseñados por emprendedores ou pequenas e medianas empresas de recente creación, que contribúan a dar solucións innovadoras a través das TIC a necesidades e problemas das persoas de idades avanzadas ou daquelas persoas que convivan con algunha discapacidade.

Neste sentido, a iniciativa parte da tecnoloxía para superar as desigualdades sociais, evitando que a propia tecnoloxía sexa unha barreira para algúns colectivos, como acontece nalgúns casos.

Este proxecto continúa a senda trazada dende a Xunta para loitar contra a fenda dixital: máis de 700.000 galegos teñen cobertura de internet, seis de cada dez trámites coa Xunta se poden realizar a través da rede e púxose a tecnoloxía ao servizo das pemes a través do Centro demostrador TIC.

Obxectivo futuro: 30mbps para toda Galicia

Entre os novos obxectivos para loitar contra a fenda dixital trabállase para que en 2020 o 100% dos galegos teñan unha conexión cunha calidade mínima de 30 megas; que tres de cada catro galegos accedan a internet de xeito habitual; e chegar aos máis de 160.000 galegos que aínda non se atopan cómodos coa tecnoloxía.

A este último grupo de persoas é a quen se destinan iniciativas como “Connecting for good Galicia”, porque a tecnoloxía é cousa de todos.

The post Connecting for good Galicia, o motor do emprendemento na innovación social dixital galega appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 48

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú