Quantcast
Channel: Casos de Éxito – Xente Dixital
Viewing all articles
Browse latest Browse all 48

Entrevista aos gañadores de Galicia Open Future II edición: Autofarm

$
0
0

Hoxe entrevistamos aos tres emprendedores que queren domotizar as granxas do presente para traernos a gandería do futuro. Jorge D. Cobas, Daniel Reboredo e Ignacio Boubeta forman Autofarm, e foi unha das aplicacións gañadoras da II edición de Galicia Open Future. Ás nosas preguntas responde Ignacio Boubeta Sánchez, responsable do deseño de hardware de AutoFarm.

A primeira pregunta obrigada é: brevemente, que é Autofarm?

É un sistema de monitorización e control dixital intelixente de explotacións agropecuarias. Tratase de simplificar e automatizar procesos clave nas explotacións mediante sistemas de fácil manexo e comprensión con hardware e software propios. O bo do noso produto é que é facilmente exportable a outros sectores da industria agroalimentaria.

Por que aplicar a domótica nun ámbito como as explotacións gandeiras? Como xorde a iniciativa?

AutoFarm xorde como iniciativa a unha necesidade real na explotación de porcino dun dos socios fundadores, para resolver a complexidade dos sistemas encargados da ventilación e regulación da temperatura da explotación, que ademais de ser totalmente obsoletos non permitían acceso a tempo real de datos de temperatura, caudal de auga, gasto enerxético, control de silos, consumo de penso…

autofarmpanoramica

O que busca a domótica e integrar automatización e tecnoloxía e aplicala ao fogar para buscar comodidade, benestar, seguridade, eficiencia enerxética, etc. Nos trasladamos ao sector primario ese avance co obxectivo de facilitar ao gandeiro unha ferramenta que lle aporte tranquilidade.

Con AutoFarm o gandeiro pode ter un control total do que esta a ocorrendo na súa explotación en todo momento. O sistema conta con alarmas totalmente configurables que lle permite estar alerta no caso de que ocorra calquera incidencia e poder solucionala no menor tempo posible, minimizando os perxurios que poda causar.

Ademais, Autorfarm pon nas súas mans un sistema de rexistro configurable que lle permite analizar o rendemento da súa explotación ao longo do tempo. Isto é unha boa axuda, por exemplo, para os grandes produtores e cooperativas; Autofarm é capaz de centralizar a monitorización e control de diferentes explotacións dende un único punto.

Dende o punto de vista humano o beneficio é máis que evidente, e para os animais?

O beneficio non e só para os gandeiros; os animais tamén saen beneficiados, pois ante calquera incidencia que poida aparecer o granxeiro sempre está alerta, co cal pode acudir á explotación para solucionar o problema de maneira inmediata. Por exemplo: en función do consumo de caudal de auga pódese predicir e detectar enfermidades e actuar para minimizar os seus efectos.

E non só isto; seguindo co exemplo da auga, un incremento de caudal de auga moi elevado seguramente nos delate unha fuga. Con AutoFarm podes, dende calquera dispositivo con acceso a internet e sen estar na granxa, cerrar a liña na que se produce a fuga. Isto supón un aforro en consumo enerxético e unha redución do desperdicio de auga que se transformaría en incremento da cantidade de purín.

Cales foron os maiores retos aos que vos enfrontastes co voso proxecto?

Traballar nun entorno de produción moi agresivo no que se precisan dispositivos adaptados ás peculiaridades do medio, algo que se debe ter en conta á hora de deseñar o hardware

Tamén foi complicado conseguir axustar e afinar un algoritmo que garanta, en ventilación pasiva, unha temperatura de confort óptima nunha das naves, e na que as condicións arquitectónicas e de medios son realmente difíciles.

Dende o punto de vista da usabilidade, foi complicado lograr un interface de usuario que fora de fácil manexo e compresión para calquera persoa. Estivemos dous meses traballando cos pais de Daniel Reboredo, son persoas de idade avanza totalmente alleos as novas tecnoloxías.

cap_zona_I_II

Debido ao voso proxecto, coñecedes perfectamente o rural. Como expertos, como se loita contra a fenda dixital?

Con moita constancia e tendo en conta que moitos dos nosos clientes poden ter dificultades coas novas tecnoloxías, tentamos en todo momento buscar a máxima facilidade de uso, fuxindo de controis ríxidos. Creamos tamén un sistema que fose perfectamente configurable de acordo coas esixencias de calquera usuario.

Que supón para vós ser gañadores desta II edición de Galicia Open Future?

En primeiro lugar, para unha startup pequena como a nosa, que está dando os seus primeiros pasos, supón un aumento da visibilidade e reputación que non teríamos tan rapidamente sen o apoio do programa.

Ademais disto – que é vital – está tamén a dotación económica por ser un dos gañadores. Iso  permítenos lanzar a fabricación de tiradas medias do noso hardware para atender pedidos inmediatos sen que sexa necesario acudir a fontes de financiación externa.

Tamén nos dá a posibilidade de abrir novas vías de desenvolvemento de novo equipamento e implementar  novas funcionalidades de software, investir en distintas estratexias de marketing, rexistro de marcas e patentes a nivel internacional, contratación de persoal, etc.

caja_controlador_fuente

Que vos achegou a experiencia en Galicia Open Future?

Foi una experiencia moi gratificante nun gran espazo, na que aprendemos e conseguimos asentar determinadas estratexias orientadas ao mercado actual, ao mercado ao que nos enfrontamos.  A variedade e calidade de contidos impartidos nos distintos talleres é moi notable.

E, por suposto, os contactos con empresas, profesionais e técnicos de distintos sectores. As sinerxias que logras con proxectos que participan no programa son moi positivas.

Tamén nos gustaría destacar os labores de mentorización e titorización impartidas durante o programa.

Que obxectivos tedes agora mesmo? Como vos vedes dentro dun ano?

O noso principal obxectivo mais inmediato é deixar pechadas as probas do noso hardware para que sexa robusto e fiable.

O seguinte paso e poder ofrecer instalacións pilotos os nosos potenciais clientes e que proben o sistema. Só desta forma poden ser conscientes de todo o potencial e as posibilidades que ofrece Autofarm a un custe bastante asequible, tratándose como se trata dun sistema industrial feito a medida.

 

Dende este espazo desexámoslle moita sorte a estes tres emprendedores co seu proxecto.

The post Entrevista aos gañadores de Galicia Open Future II edición: Autofarm appeared first on Xente Dixital.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 48

Trending Articles


MARÍA OLIMPIA DE OBALDÍA [9233]


JUAN ANTONIO CAVESTANY [14.478]


Un Pombero anti-robos


Goku tamaño real


ALFREDO HERRERA FLORES [17.044] Poeta de Perú