Esta semana estivemos a falar de innovación no sector primario. Hoxe achegámonos ao Crowdworking O Gaiás para falar con Débora Franco, Directora de negocio de Monet Viticultura, un dos proxectos integrantes da primeira edición de Galicia Open Future. Que beneficios ten implementar solucións tecnolóxicas no sector viticultor?
Brevemente, explícanos que é Monet. Que servizos ofrecedes?
Monet é una empresa de innovación que ofrece ás adegas unha ferramenta de viticultura de precisión, en forma de plataforma web, que permite controlar o estado do viñedo dende calquera dispositivo conectado a Internet.
A nosa misión é contribuir no proceso de mellora da calidade do viño dende a viña, e o noso obxectivo é axudar á adega a acadar “máis uva sana”, reducindo a merma da colleita e a carga fitosanitaria da uva.
A ferramenta Monet Viticultura é un sistema de apoio á toma de decisións que permite obter a valoración e a predicción do risco de que se produza unha enfermidade na viña. Ademáis, dispón dun xestor documental do viñedo que permite rexistrar calquera evento acontecido nel.
En que punto do desenvolvemento do proxecto estades? Cales son os próximos obxectivos?
Monet acaba de cumprir o seu primer ano como empresa e estamos en pleno lanzamento comercial. Neste momento contamos con sete adegas cliente nas cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Na última semana de este mes empezamos a andadura en Ribera de Duero, Rueda, Cigales e Toro. O noso obxectivo é acadar 40 bodegas cliente en toda España neste ano 2015.
Esta semana estamos a falar de innovación tecnolóxica no sector primario. O futuro pasa por aquí…
Por suposto que sí! En Monet traballamos cinco enxeñeiros de telecomunicacións e dúas enxeñeiras agrónomas co fin de incorporar a tecnoloxía no viñedo. A tecnoloxía está moi presente no interior das adegas, pero en Monet queremos levala tamén á viña. O sector primario está cada vez máis comprometido co control da calidade da materia prima, a racionalización do consumo de produtos fitosanitarios e a optimización de recursos. E acadar este control é posible grazas á innovación tecnolóxica, a sistemas como Monet Viticultura.
Cal é a diferencia entre usar e non usar as novas solucións tecnolóxicas?
Para respostar a esta pregunta vou contar unha historia real. Monet dispón dun viñedo experimental no que traballamos nós mesmos seguindo as pautas que proporciona a ferramenta Monet Viticultura. O noso viñedo está no concello de Arbo, nunha zona de gran tradición vitícola. Cando empezamos a traballar no viñedo os veciños miraban para nós sorprendidos: podamos cando xa podaran todos os veciños, iamos a aplicar tratamento fitosanitario cando “non tocaba”, e cando “tocaba” non iamos… E chegou o momento da vendima. Non paraba de chover. Algún veciño recolleu a uva chovendo e outros aproveitaron pequenos claros para vendimar, pero recolleron uva mollada. O tempo “normal” da vendima remataba e nós non aparecíamos por alí a recoller. E non iamos porque segundo as indicacións de Monet Viticultura aínda non era a data axeitada para recoller a uva da nosa viña. Cando por fin recollemos a uva algún veciño dixo “que farán estes rapaces para ter esta uva tan bonita?”. A nosa uva era o resultado da toma de decisións baseada en información fiable e obxectiva obtida a través dunha nova solución tecnolóxica: a plataforma web Monet Viticultura.
Como vos enterades de que existe Galicia Open Future? Como vos axudou no desenvolvemento do proxecto?
A noticia da existencia de Galicia Open Future chegounos a través de dúas vías: Incuvi e Via Vigo. No momento no que se publicaron as bases de Open Future, Monet estaba na Aceleradora de empresas Via Vigo. Anteriormente estiveramos na pre-incubadora da Universidade de Vigo á que puidemos acceder tras acadar un dos premios Incuvi-Emprende. Tanto a través do persoal de Incuvi como do de Via Vigo recibimos habitualmente noticias e información relacionada con axudas para empresas de nova creación.
Galicia Open Future proporcionounos contactos, formación e asesoramento personalizado. Todo o equipo de Open Future está implicado cos proxectos a un 1000% e a relación entre diferentes proxectos é excepcional, o que fomenta unha gran cantidade de sinerxias. O equipo de Monet tivo a oportunidade de visitar as instalacións de Wayra Madrid, presentar alí o noso proxecto e recibir unha masterclass de pitching. Tamén tivemos a oportunidade de contar o que facemos para audiencias moi variadas e de participar activamente co noso pitch en diversos eventos, incluida a inauguración do crowdworking do Gaiás á que asistiron o presidente de Telefónica e o presidente da Xunta de Galicia.
The post “A tecnoloxía está moi presente no interior das adegas pero en Monet queremos levala tamén á viña” appeared first on Xente Dixital.